A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, avanzou esta mañá que xa está iniciada a poda outonal que se realiza nas zonas verdes do municipio. Estes traballos “adxudicáronse por lotes á mesma empresa, que presentou as ofertas máis vantaxosas”, explicou Acuña.
Tal e como relatou a edil, igual que se fixo o pasado ano, a poda será menos agresiva do que se viña facendo noutros momentos, “consistindo sobre todo na limpeza, retirada de ramas secas e demais labores de saneamento profundo, que permite que manteñamos follaxe nas copas das árbores”.
Esta é unha decisión que se agradeceu moito pola veciñanza, porque así conséguese que de cara á primavera sexan mantidas as zonas de sombra.