O Concello repara e pon a punto todos os portais de acceso e reixas do Mercado de Abastos

O Concello repara e pon a punto todos os portais de acceso e reixas do Mercado de Abastos

O Concello de Marín levou a cabo recentemente unha actuación de reparación dos portais, portas de acceso e as reixas do Mercado de Abastos de Marín, coa fin de sanealos, para que queden en perfectas condicións e se poidan subsanar os desgastes típicos do paso do tempo e o uso dos elementos.

A empresa Urkira foi a encargada de executar eses traballos, que consistiron na desmontaxe dos elementos sobre os que se actuou, que foron levados ás instalacións da empresa para a súa reparación. Unha vez se desmontou todo, realizáronse uns portais e portas de accceso provisionais con tablero aglomerado.

As reparacións consistiron en reemprazar todos aqueles elementos que se atopaban cun nivel de corrosión elevado polo óxido, así como reparar aqueles que estaban torcidos. Unha vez rematada esta parte, procedeuse a lacar todas as estruturas cunha técnica que pretende evitar que a pintura se escascarille ao recibir golpes ou co paso do tempo, debido ás inclemencias meteorolóxicas.

Estes traballos fixéronse por un importe de 42.731, 97 euros, ao abeiro dunha subvención para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.

Anterior Marín estrea un buscador público de emprego para axudar á inserción laboral da cidadanía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados