O Concello solicita a subvención ao Fondo de Cooperación para elaborar o Plan Especial de Protección para o casco antigo e Cantodarea

O Concello solicita a subvención ao Fondo de Cooperación para elaborar o Plan Especial de Protección para o casco antigo e Cantodarea

O Concello solicita a subvención ao Fondo de Cooperación para elaborar o Plan Especial de Protección para o casco antigo e Cantodarea

Marín, 26 setembro 2023

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, anunciou que se ven de solicitar ao Fondo de Cooperación para as entidades locais a subvención que ofrece este ente para a redacción do Plan Especial de Protección para o casco antigo e para Cantodarea, dúas zonas da nosa vila que, polas súas particularidades, requiren dun especial tratamento a nivel urbanístico para garantir a conservación da súa esencia e do patrimonio.

Tal e como explica Santos, “no PXOM xa se recolle a necesidade de crear este plan especial para estas dúas zonas, co obxectivo de marcar as directrices urbanísticas que permitan desenvolver proxectos nelas”. Xa que, ata o momento, nestes espazos só está permitido conservar e manter o que xa está construído.

Para poder elaboralo, solicitarase esta axuda por 302.500 euros (IVE incluido). A duración estimada é de dous anos.

A redacción vaise realizando parcela a parcela. O obxectivo final, tal e como indicou o edil, “é poder seguir desenvolvendo urbanísticamente Marín pero sen perder o foco da nosa arquitectura e fisionomía e respectando a tradición urbanística do espazo histórico e dun barrio tan tradicional e mariñeiro como é Cantodarea”.

Anterior O Concello reúnese coa veciñanza de Pedreiras de Abaixo para explicarlle de primeira man o estado das obras de humanización da zona

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados