Os servizos de socorrismo realizaron 1.038 intervencións

Os servizos de socorrismo realizaron 1.038 intervencións

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, compartiu esta mañá os datos das asistencias que durante o mes de xullo foron prestadas aos usuarios de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e o Santo por parte do persoal de socorrismo.

En total, entre o 24 de xuño e o 31 de xullo realizáronse 1.038 intervención, destacando as seguintes segundo a cantidade das mesmas:

  • Feridas: 282
  • Outras atencións sanitarias leves: 31
  • Picaduras de faneca, insecto ou ourizo: 348
  • Traumatismos, contusións, esguinces e luxacións: 28
  • Queimaduras: 7
  • Atención a menores extraviados: 3
  • Avisos de prevención: 296
  • Rescates acuáticos: 8
  • Insolación ou golpe de calor: 5
  • Lipotimias/pérdidas de consciencia: 4

Situacións que provocaron os rescates acuáticos

Tal e como se pode ler no informe realizado polo persoal de socorrismo, un dos rescates foi practicado a un varón de 40 anos de idade que se atopaba en estado de embriaguez en Aguete e que tiña a intención de cruzar a ría a nado.

Outro, tamén en Aguete, foi practicado a dous tripulantes dunha embarcación que tiveron problemas técnicos para continuar coa súa travesía, unha situación similar que se repetiu en Loira, onde a embarcación foi recomolcada ata o porto polos servizos de Garda Costas.

Tamén en Loira, un varón de mediana idade sufriu unha caída dunha táboa de paddle surf, cortándose nunha man. En Aguete, a situación tamén se deu cunhas táboas deste deporte, desde as que dous usuarios de 22 e 25 anos non eran capaces de volver a terra.

Finalmente, deuse outro rescate na praia do Santo cando un varón de mediana idade pediu auxilio cando viña a nado desde a illa.

Anterior O Concello arranca co desbroce dos últimos núcleos do plan anual e reforzará as zonas nas que volveu crecer a maleza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados