A piscina municipal será obxecto de obras de mellora

A piscina municipal será obxecto de obras de mellora

O Concello de Marín informou esta mañá que se iniciarán en breve as obras de mantemento e mellora da Piscina Municipal de Marín, para a que tamén se ve rematada a concesión pública que regula o seu funcionamento e que tivo unha duración de seis anos.

Tal e como explican fontes municipais, este cambio de concesionario non afectará á plantilla da piscina, xa que o novo prego que regulará a licitación da nova concesión recollerá a subrogación de todos os traballadores e traballadoras do centro.

Así a todo, non será posible compatibilizar as obras que se precisan coa apertura e a actividade normal da piscina. Durante os próximos meses, polo tanto, prorrogarase a actual concesión e os traballadores pasarán a réxime de ERTE, cuberto pola Administración local.

Namentres, segundo explica o Concello, traballarase nos pregos da nova concesión para que unha vez se rematen as obras a explotación da piscina poida ser adxudicada de novo. Esta contratación cubre a xestión, coidado e desenvolvemento de actividades tanto na piscina climatizada, como nas salas de fitness e no resto das dependencias da instalación deportiva.

Anterior Ramallo fai a primeira visita institucional á Escola Naval Militar desde a constitución do novo Goberno local

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados