Entre os atractivos das Festas do Carme, das que xa se pode consultar a programación completa a través da seguinte ligazón (concellodemarin.es/veranmarin) está a tradicional Batalla de Flores, que se celebrará o 11 de xullo de 2023 ás 22:30h.
Partirá dende as instalacións do Porto, á altura de Nodosa, pasando pola Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura do Parque Eguren.
Poderán participar nenos e nenas nacidos antes do 31 de decembro de 2017, tendo preferencia empadroados en Marín. Aqueles que foran nados entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017 deberán ir acompañados dun adulto.
Para participar, é preciso inscribirse utilizando un formulario que se colgará na web municipal a partir do 30 de xuño e ata o 5 de xullo (ou ata encher todas as prazas). Ese formulario poderá presentarse no Museo Manuel Torres de xeito presencial, en horario de de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ou a través do enderezo electrónico museo.torres@concellodemarin.es. Xunto co formulario, será preciso entregar unha copia do DNI do solicitante e do responsable do mesmo.
Os disfraces serán acordes aos motivos da carroza correspondente. Haberá unha reunión previa o luns 10 de xullo ás 21:00h. no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específicos para que a cabalgata se desenvolva con total seguridade, tanto para as persoas participantes, como tamén para as que gocen do espectáculo.
Todas as persoas que participen na cabalgata comprométense a manter unha conducta correcta en todo momento e durante o percorrido da mesma non se baixará nin se subirá ninguén da carroza salvo por causas de forza maior.