Nova praza na contorna do Mercado de Seixo.

Nova praza na contorna do Mercado de Seixo.

Subvención da redacción do proxecto de humanización da contorna do Mercado de Abastos de Seixo, importe: 50.000 euros.

Os deputados Gregario Agís e Santos Héctor visitaron xunto á alcaldesa de Marín María Ramallo, a contorna do Mercado municipal de Seixo, que, segundo destacaron,”loce xa como novo espazo amable, seguro e inclusivo grazas á actuación de transformación urbana que está a piques de rematar e que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra“.

 Esta contorna recupera espazos públicos para as persoas, reordenando viarios e mellorando a mobilidade e a accesibilidade na contorna do Mercado. A institución provincial inviste nesta obra un investimento de 730.744 euros, dos que 548.058 euros foron financiados a través do plan ReacPon e os restantes 182.686 euros a través dunha achega do Plan Concellos.

En concreto, a actuación abarca un espazo que comprende un tramo da estrada Grupo Escolar, unha das arterias do núcleo urbano de Seixo, a avenida Otero Ulloa e o Camiño Lanuxe. Nesta contorna, á beira do Mercado de Abastos, xa toma forma unha gran praza pública que se converterá nun lugar de esparexemento e goce do espazo público por parte da cidadanía así como nun lugar adaptado para usos múltiples de lecer.

Xunto á creación desta praza está a reorganizarse o espazo para persoas e para vehículos coa creación de viais de plataforma única e de preferencia peonil, a ampliación das beirarrúas e a eliminación do carril de estacionamento, configurando deste xeito un núcleo máis seguro, accesible, acolledor e respectuoso co medio ambiente. Ademais a obra incluíu as redes de saneamento de augas pluviais e residuais, a de abastecemento e a de iluminación pública, así como a instalación de mobiliario urbano.

Anterior As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados