Aprobados os pregos para a concesión do local de restauración do Paseo Alcalde Blanco

Aprobados os pregos para a concesión do local de restauración do Paseo Alcalde Blanco

A Xunta de Goberno Local aprobou este documento base para a licitación, que será publicado nos vindeiros días no BOPPO. A partir de entón, os interesados en explotar este local, cunha concesión de 15 anos, poderán presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado km

Marín, 20 xaneiro 2023

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado mércores aprobou os pregos que rexerán a licitación da concesión do novo establecemento de hostalaría que se creou na punta do Paseo Alcalde Blanco e que supón un importante atractivo dada a súa ubicación e ás espectaculares vistas da ría de Pontevedra e da Illa de Tambo que esta ofrece.

Esta concesión regularase mediante procedemento aberto. O local sobre o que recae ten máis de 150 metros cadrados e poderá ser explotado como unha cafetaría-restaurante. Nel, o adxudicatario terá que realizar as obras e instalacións precisas para levar adiante esta actividade, polo que será posible realizar unha visita previa ás instalacións para ver o seu estado actual e poder, deste xeito, preparar o plan e a documentación precisa.

Tal e como se pode ler nos pregos, os licitadores deberán introducir na súa proposta as reformas ou novas instalacións (decoración, equipamento, mobiliario, etc.) que considere precisas para a explotación en base á súa experiencia.

Ditas reformas ou novas instalacións quedarán reflectidas nun proxecto de mellora que non poderán afectar á estrutura, fachada e construcións esenciais do edificio, aínda que si poderán variar a distribución de usos e áreas destinadas a cada uso.

O prazo de duración da concesión será de quince anos, a contar desde o día seguinte á firma do documento administrativo no que se formalice a concesión. Este prazo poderá ser prorrogado por un prazo máximo de cinco anos, nunha única prórroga, que deberá ser solicitada polo adxudicatario e que se concederá de forma facultativa por parte da administración.

O local deberá permanecer aberto tódolos días do ano, salvo os imprescindibles para levar a cabo tarefas de mantemento, reparación ou reforma. O local deberá permanecer aberto tódolos días do ano, salvo os imprescindibles para levar a cabo tarefas de mantemento, reparación ou reforma.

A persoa concesionaria comprométese a manter en perfecto estado a instalación, correndo ao seu cargo as reparacións ou reposicións correspondentes.

Presentación de ofertas

A documentación só poderá presentarse de forma electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no enderezo electrónico: https://contrataciondelestado.es

En consecuencia non poderán presentarse en formato papel. As proposicións presentaranse dentro do prazo dos TRINTA (30) DÍAS HÁBILES seguintes ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. En caso de que o último día do prazo fora día inhábil, o prazo estenderase ao primeiro día hábil seguinte. A licitación electrónica e a presentación de ofertas electrónicas implica que a documentación poderá enviarse en arquivos ou sobres virtuais, durante o prazo de presentación de ofertas, na Plataforma de Contratación do sector público, durante as 24 horas do día. O último día do prazo de presentación de ofertas poderá facerse ata as 23 horas 59 minutos. Se a oferta é recibida despois deste prazo e horario será excluída.

Os aspectos que se valorarán respecto dos criterios avaliables mediante xuízo de valor serán os seguintes, ponderados segundo a táboa que se mostra a continuación: 1. Competencia e experiencia do Licitador en empresas adicadas á industria da hostalería e en concreto restauración. En especial valorarase explotar outras concesións de restauración en locais de administracións públicas, con informes favorables dos organismos que houbesen outorgado as concesións ou autorizacións. 2. Proxecto de Mellora: Adecuación funcional e estética das obras a executar, contía da inversión a realizar, así como definición e concreción da documentación técnica presentada

4. Programación de posta en servizo: programa de realización das obras e instalacións no que se estableza o prazo de inicio e de finalización das mesmas. Prazo máximo desde a formalización da concesión: un mes e medio.

Anterior Marín envía a Costas a información necesaria para avaliar ambientalmente o proxecto das piscinas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados