4 novembro 2022
O Concello segue avanzando na tramitación necesaria para poder sacar adiante o proxecto de creación dun aparcadoiro subterráneo no Parque Eguren, un servizo necesario na nosa vila para poder seguir ordenando o estacionamento urbano.
O concelleiro Manuel Santos informou sobre os últimos avances na Comisión Informativa desta semana. Tal e como indicou o edil, dentro do estudo de viabilidade económico-financeira é preciso establecer unhas condicións económicas realistas co mercado actual, de tal xeito que poidan servir de base para redactar os pregos da maneira máis específica posible.
Para iso, crearase unha convocatoria pública á que poden concurrir empresas do sector, que marcarán as condicións de ingresos-custos que derivarían da explotación deste aparcadoiro e que, como se dicía anteriormente, darán información relevante que permitirá fixar as condicións do prego de licitación.
O inicio do expediente desa convocatoria pública foi o que levou o concelleiro de Facenda á Comisión e que se elevará a Pleno a próxima semana. Cando se conte
con esta información, seguiranse dando pasos para, finalmente, poder adxudicar a obra e iniciar a construción do aparcadoiro.
“Todo este proceso”, afirma o edil, “é unha garantía de transparencia e de xestión adecuada á realidade económica”, de tal maneira que se poida reforzar a elaboración duns pregos sólidos, de cara á licitación do proxecto.
Un aparcadoiro de dúas plantas e 218 prazas
O proxecto do aparcadoiro subterráneo do Eguren plantexa a creación dunha infraestrutura de dúas plantas. A primeira delas, con entrada e saída da Rúa Concepción Arenal, e con 104 prazas. A segunda, estaría conectada á superior cunha rampa e nela ubicaríanse 114 prazas, polo que en total, a capacidade do aparcadoiro sería de 218 prazas, estando 7 delas reservadas para usuarios con mobilidade reducida.
Aínda que o estudo de demanda que se realizou previamente xustificaría a creación dun aparcadoiro de maiores dimensións, o informe xeotécnico declina esta posibilidade, debido aos problemas construtivos que se poderían dar nese terreo no caso de facer unha pranta máis.
No que respecta á explotación do servizo do aparcadoiro, realizaríase a través dunha concesión, que inicialmente está calculada para unha duración de 40 anos. Sen embargo, esta cifra tamén pode verse modificada en base ás condicións económicas que resulten definitivas no estudo de viabilidade económico-financieira.
A inversión prevista para a construcción e posta en marcha do aparcadoiro é de 5.388.704,28 euros.