O Concello realiza unha proba de fume en Cantodarea

O Concello realiza unha proba de fume en Cantodarea

3 novembro 2022

Operarios da empresa Ambiente et odora, acompañados por técnicos municipais, iniciaron hoxe unhas probas de fume na rede de saneamento da zona de Cantodarea para identificar posibles fugas de olor nas vivendas que desde hai un tempo se ven afectadas por esta problemática no barrio.

Este traballo, xunto cos “diarios de olores” que está a cubrir a veciñanza afectada, servirá para recompilar máis información desta situación, de tal xeito que se poidan identificar os factores que a desencadean e, deste modo, adoptar as solucións máis axeitadas.

Durante esta proba, é posible que se vexa fume procedente dos aparatos sanitarios das vivendas e dos buratos que poida haber no chan ou noutros lugares. Este fume, tal e como explican desde a empresa, non é tóxico e ten un color blanco, rosa ou vermello. Non deixa residuo e non supón ningún risco de incendio.

En xeral, o fume non debería entrar nas casas que non teñan tuberías defectuosas ou sifóns secos, polo que, no caso de entrar, é sinónimo de que se poida estar filtrando gas do alcantarillado de xeito recurrente.

O Concello reuniuse de novo o día de onte coa veciñanza para comunicarlles o inicio destas probas e trasladarlles todas as cuestións relativas ás mesmas, xa que, no caso de detectar o fume, deberán notificalo á empresa. Pola súa parte, os veciños tamén foron trasladando xa os primeiros datos dos seus “diarios de olor”.

Con seus “diarios de olor”, estanse a xerar rexistros con datos relevantes como a data, a hora, o tipo de de olor, a intensidade e outras observacións de cada vez que detecten un cheiro na súa casa. Con todo isto, conséguese información moi útil para poder despois proceder á súa análise.

Anterior O Concello valora moi positivamente a segunda edición do Marín Gaming Fest

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados