Reunión coas ONG de voluntariado social

Reunión coas ONG de voluntariado social

Tal e como ven sendo habitual esta mañán tivo lugar no concello de Marín a reunión de coordinación con todos os colectivos sociais que se encargar de facer axuda social entre as persoas que son derivadas a través dos servizos sociais municipais.

Dentro do programa que levan a cabo e das accións que realizan son coordinadas entre todos como estes pasados anos tratando de unir esforzos e ser todavia máis eficaces.

Para elo a través do departamento de servizos sociais que dirixe a concelleira Marián Sanmartín e coa presencia da xefe de servizo do departamento se coodinan actividades a levar a cabo entre todas elas para este Nadal.

Entre a programación deseñada destacan o principais eventos e actividades tal e como foron levados a cabo polo voluntariado o ano pasado.

AXUDAS NO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA ESTE 2022.

Outro dos temas que se deu a coñecer era a axuda que percibirán como subvención nominativa cada unha das distintas asociacións, que se viron incrementadas neste orzamento e de cuios importes deu conta a concelleira, quedando en poñer en marcha as actuacións administrativas correspondentes para a súa aprobación, sinatura de convenios e posterior xustificación para proceder ao seu cobro, que ascenden este ano a 12.000 €.

ASOCIACIÓN SOLIDARIA SOR ELVIRA.- 3.000 €
AMENAC.- 3.000 €
CÁRITAS SANTOMÉ.- 1.000 €
SAN VICENTE DE PAÚL.- COMEDOR.- 5.000 €

Anterior Iñaki Bretal pecha as masterclass do EEIA de Marín cunha lección maxistral de afumados

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados