O desbroce manual continúa por toda a zona do litoral de Marín

O desbroce manual continúa por toda a zona do litoral de Marín

11 maio 2022

A planificación anual de desbroces manuais do Concello de Marín segue avanzando a moi bo ritmo. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse esta mañá ata Ardán, onde os operarios de Juan XXIII están traballando, correspondente á zona 2, na que se leva actuando desde o inicio de maio e que engloba toda a zona do litoral da vila, desde Lapamán ata a Escola Naval.

Concretamente, esta zona 2 inclúe os núcleos de Casás, Teoira, Moledo, Bouzón, Loira, Montecelo, A Gorita, Aguete, Raposeiras, O Monte, Barriada de Mogor e Portocelo. Nestas áreas, os traballos realizaránse ata finais do mes de xullo. Despois, seguindo a calendarización anual, continuarase coa terceira e a cuarta fase.

Nos últimos meses, actuouse na zona 1, que xa está totalmente rematada e que comprende os núcleos de Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, O Casal, Bravos, Viñas Blancas, A Raña e Outeiro.

Tal e como explicou o concelleiro, “a maiores deste plan de desbroce manual, este luns comezará tamén o seu labor o tractor de desbroce que percorre os viais e as estradas municipais”. En total, desbrozará 74 quilómetros de superficie nun mes e medio de traballo.

Novas, ademais, pedir “paciencia e comprensión cos prazos que se van marcando. Entendemos que en todos os puntos hai necesidade de acometer desbroces, pero é imposible facelo todo á vez. Polo momento, imos cumprindo o cronograma e non quedará ningunha zona do municipio sen limpar”, asegurou.

Anterior Marín acollerá a final masculina e feminina da Copa Galicia de Fútbol Sala

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados