A Carreira Carmiña percorrerá o litoral de Marín o 12 de xuño

A Carreira Carmiña percorrerá o litoral de Marín o 12 de xuño

28 abril 2022

A fachada litoral da nosa vila será a protagonista de Carreira Carmiña, un evento que suma deporte, turismo e cultura e que pretende fixar unha data no calendario de probas de Marín para non perder.

A alcaldesa, María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto ao organizador do evento, Víctor Riobó, esta carreira, que será o
12 de xuño e que xa ten abertas as inscricións a través deste enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/i-carmina-carreira/inscripcion_datos/?lan g=es
A saída será desde a Praia de Lapamán, pasando por todo o resto de areais do noso municipio até chegar finalmente ao Paseo Alcalde Blanco, recén reformado e cunha meta que terá unhas vistas privilexiadas ata a illa de Tambo.

En total, o percorrido terá unha distancia de 10,6 quilómetros aproximadamente e transcurrirá por toda a costa, por riba do mar, con traxectos de terra, asfalto e area de praia, de xeito calculado para facer pasar aos corredores no momento de marea baixa.

Tal e como indicou Riobó, o obxectivo é chegar aos 600 participantes e atraer ata a nosa vila “a persoas de distintos puntos de España, que veñan correr a Marín e a desfrutar dunha fin de semana en Galicia”.

A alcaldesa quixo animar a todas as persoas amantes do deporte a anotarse a este evento, “que estamos convencidos que será unha cita ineludible para coñecer dun xeito diferente a nosa contorna, a nosa paisaxe”.

Anterior Xa dispoñible o documento de inscrición dos campamentos de verán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados