Marín fai un moi bo balance da compostaxe individual e solicitará a Sogama 100 unidades máis

Marín fai un moi bo balance da compostaxe individual e solicitará a Sogama 100 unidades máis

27 abril 2022

A compostaxe individual é unha das actividades sostibles que mellor funciona na xestión dos residuos domésticos. Por iso, desde o Concello levan apostando por esta vía desde hai tempo.

Coa adhesión ao programa de Sogama, realizáronse varias entregas de composteiros. A última tandada foi en xuño de 2020, cando se repartiron 100 composteiros na Casa de Cultura de Santomé.

Procedeuse á revisión de varios fogares nos que foron implantadas ditas instalacións, constatándose uns resultados plenamente satisfactorios e unha moi boa acollida do sistema por parte da veciñanza que se adheriu ao programa.

100 novos composteiros individuais

Dado o éxito desta iniciativa, o Concello solicitou a Sogama unha nova remesa de cen composteiros individuais, que desta vez se repartirán na parroquia de San Xulián.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, indicou que xa existe unha lista de persoas con reserva que quedaran sen composteiros nos primeiros repartos, pero aínda así, a listaxe de interesados en coller unha unidade segue aberta.

Poderán anotarse na lista no Rexistro municipal.

Anterior Avanzan as obras de remodelación do depósito da Costa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados