22 abril 2022
A alcaldesa, María Ramallo, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, acompañados polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña e Jose Luis Santiago Pereira, do Peixegalego, firmaron esta mañá o convenio de colaboración para que Marín sexa sede do XLII Campionato de España de Clubs de categoría Infantil Masculino, correspondente á tempada 2021/2022.
O evento celebrarase do 5 ao 11 de xuño e volverá colocar á nosa vila no centro do baloncesto de base a nivel estatal. Tal e como recordaron os organizadores, será a sétimo ano que Marín acolla este importante evento deportivo, despois de que no 2012 se acollese a categoría cadete, ano no que o Peixe quedou subcampión de España e se seguisen celebrando tanto as modalidades masculina e feminina no 2013, 2014, 2018, 2019 e 2021.
Está previsto que neste evento participen clubs como o Madrid ou o Barcelona, polo que será, como en todas as edicións, unha cita ineludible para os amantes do baloncesto e do deporte base en xeral.