Inminente inicio dos traballos para demoler o antigo Mercado de Cantodarea

Inminente inicio dos traballos para demoler o antigo Mercado de Cantodarea

22 xaneiro 2022

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, visitaron recentemente o antigo Mercado de Cantodarea, no que tamén estiveron os técnicos municipais e da empresa adxudicataria, de cara ao inminente inicio da demolición do inmoble.

Esta estrutura, que data de 1964, é exemplo de feísmo neste barrio marinense, ao tratarse dunha construción medio derruida que, coa súa desaparición, permitirá mellorar a estética xeral do espazo.

A construción deste edificio prantexouse para Mercado de Abastos e consta dunha planta de baixo rasante, unha planta baixa e outra alta. A estrutura está formada por muros de formigón e piares, con vigas de gran canto e lousas.

A actuación, ademais da demolición, engloba a urbanización da parcela, e suporá unha inversión total de 116.666,41 euros, que se realizará con cargo ao remanente de Tesourería co que conta o Goberno local, que se está a repartir en distintas actuacións relevantes para a vila marinense, como a reforma do primeiro andar da Casa do Mar para convertela nun Centro de Día ou a pavimentación de Ponteporto, tamén xa nun estado moi avanzado de execución.

Anterior O Vial de Praias, candidato de novo a Sendeiro Azul coa vista posta mellora da súa mobilidade e accesibilidade

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados