O cribado do Museo Torres realizou até o momento 1331 tests, detectando 89 positivos

O cribado do Museo Torres realizou até o momento 1331 tests, detectando 89 positivos

19 xaneiro 2022

As autoridades sanitarias informaron esta mañá ao Concello de que o cribado instalado no Museo Manuel Torres desde o día 10 de xaneiro realizou 1331 tests, grazas aos cales foron detectados 89 positivos. Os datos contabilizan de momento até o día 16 de xaneiro.

A alcaldesa, María Ramallo, quixo recordar esta mañá a toda a poboación de Marín e da contorna “que este cribado segue aberto e dispoñible. Así como se notou unha elevada afluencia de persoas que viñan facerse unha proba nos primeiros días, si que houbo un lixeiro descenso nos últimos días”.

Tamén houbo persoas que, a pesar de pedir a autocita, non acudiron ao cribado, xa que a contabilización indica que se citou a 1648 persoas, fronte ao número de test realizados.

De momento, pode seguirse solicitando unha cita a través da web coronavirus.sergas.gal/cribado/. O servizo está dispoñible de luns a domingo, de 8.30 a 13.40 e de 15.30 a 20.40 horas.

Anterior Xa está en marcha a obra do novo colector entre Pastoriza e Picotes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados