O sorteo de Nadal reparte 100 tarxetas regalo de 50 euros entre as persoas que apostaron pola economía local durante estes meses

O sorteo de Nadal reparte 100 tarxetas regalo de 50 euros entre as persoas que apostaron pola economía local durante estes meses

15 xaneiro 2022

[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/01/gañadores-sorteo-tarxetas-regalo-nadal.pdf” size=”large” color=”red”]Gañadores Sorteo Tarxetas[/button]

A economía local de Marín foi escollida por moitísima veciñanza durante os meses de decembro e de xaneiro para facer as súas compras, comer, tomar algo… Unha fidelidade que o Concello quixo premiar co sorteo de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros.

Para participar, era abondo con xuntar un gasto de polo menos 30 euros nun ou varios tickets, indicar os datos persoais no reverso e levalo á Oficina de Turismo da Praza de España que estivo habilitada para tal fin durante todo este tempo.

Hoxe, o Salón de Plenos do Concello acolleu o sorteo, no que participaron as concelleiros Marián Sanmartín, Cristina Acuña e Hugo González, así como un funcionario municipal.

As persoas que resultaron gañadoras serán agora citadas telefónicamente para a recollida das tarxetas regalo na Oficina de Turismo durante os días 20 e 21 de xaneiro, en horario de 10.00 a 20.00 horas, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.

Desde o Concello, encargaranse agora de realizar unha contabilización cos tickets gañadores e os sobrantes do impacto económico que tivo esta campaña nos comercios e locais da vila, “aos que temos que seguir apoiando, despois dos duros anos que tiveron que pasar por mor das restricións e os cambios no consumo derivados da pandemia”.

Anterior Marín abrirá unha nova rúa en pleno corazón urbano: a Travesía República Arxentina

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados