20 outubro 2021
A Xunta de Goberno local aprobou a adquisición dun vehículo eléctrico para o servizo da Policía Local de Marín, co obxectivo de contar con flotas automovilísticas municipais máis ecolóxicas e sostibles.
Esta dotación foi posible grazas a unha subvención de 33.600 euros, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental.
Equipos para a medición de caudal hidráulico
Por outra banda, o Concello recibirá unha subvención de Augas de Galicia para a adquisición e instalación de equipamento de medida do caudal que se subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable públicos.
O importe da subvención é de 12.749,96 euros.