O CIM impulsará un Grupo de Intervención Comunitaria aberto ao público

O CIM impulsará un Grupo de Intervención Comunitaria aberto ao público

5 outubro 2021

A concelleira de Igualdade, Marián Sanmartín, presidiu este mediodía a reunión da Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero, na que participaron representantes do CIM de Marín, Servizos Sociais, a xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, a policía Local e Nacional, a Traballadora Social do Centro de Saúde e a representante do Punto de Intercambio Familiar.

Aproveitouse para facer unha primeira aproximación aos puntos que se incluirán no contido da declaración que se lerá o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Segundo indicaron desde o CIM, nesta declaración procurarase lanzar a mensaxe da necesidade de traballar nunha sexualidade responsable entre a poboación máis nova, xa que se detecta un incremento dos casos de violencia sexual entre adolescentes.

Tamén quérese reforzar a idea da parentalidade positiva nas familias, traballando sobre todo nos casos de divorcio, para que haxa unha corresponsabilidade real no coidado dos fillos e fillas. Os casos que recentemente se deron de violencia vicaria puxeron tamén sobre a mesa esta forma de instrumentalización das crianzas nas parellas. Por iso, desde o CIM queren visibilizar neste 25N o recoñecemento legal de vítima da violencia de xénero por violencia vicaria, e que se faga con carácter retroactivo.

Por outra banda, tamén se visibilizará a violencia económica coma outro factor, centrada no impago de pensións de alimentos ou compensatorias, despois de que a Sala do Penal do Tribunal Supremo do 17 de marzo fallase unha novida sentencia en torno a esta cuestión.

Ademais, outra das cuestións que se quixo resaltar foi a necesidade de visibilizar ás mulleres maiores, moitas das cales levan anos en situacións vulnerables e teñen máis dificultades para acceder aos recursos ou para verbalizar a súa situación.

 

Grupo de Intervención Comunitaria

 Por outro lado, a Mesa repasou as accións que se levaron a cabo nos últimos meses pola Concellaría de Igualdade a través do CIM, algunhas das cales activaranse a partir desta semana:

 

  • A posta en marcha dun programa de acompañamento sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, un recurso de atención e orientación que serve para mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas ou en situación de
  • Creación do módulo de sensibilización en Igualdade, unha plataforma online con catro temas distribuídos en 12 horas e que estará a disposición da cidadanía en cimdemarin.es
  • Activación do grupo de intervención terapéutica para mulleres, que comezará o 7 de outubro, o primeiro e o terceiro xoves de cada mes de 10 a
  • Tamén o 7 de outubro iniciarase un Grupo de Intervención Comunitaria aberto ao público, o primeiro e o terceiro xoves de cada mes de 00 a

20.00 horas, que será aberto ao público e que terá como obxectivo a creación dun espazo de expresión que permita a reflexión de ideas e pensamentos

Anterior A Casa de Cultura de Mogor recupera a súa actividade para a veciñanza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados