A Policía Local actúa nun caso de vandalismo contra o mobiliario público

A Policía Local actúa nun caso de vandalismo contra o mobiliario público

20 setembro 2021

A Policía Local de Marín identificou e detivo a pasada semana a un dos responsables implicados nas decenas de pintadas que apareceron na zona de Inferniño e cara a zona de Pontevedra, e que crearon danos ao mobiliario público, así como a varios portais particulares.

O suceso aconteceu a pasada semana en torno ás tres da mañá e segundo puideron identificar os axentes de seguridade local, había implicados cerca de 12 rapaces. Teñen contabilizadas máis de 25 pintadas en paredes de distintos puntos do tramo urbano antes referido.

O detido, tal e como rexe o protocolo, foi levado á comisaría da Policía Nacional, corpo encargado da xestión deste tipo de infracións. Desde a Policía Local, que xa denunciou o caso á entidade estatal, animan a que todos os veciños e veciñas que se viran afectados polas pintadas, denuncien o seu caso ante a Policía Nacional.

 

Anterior Iniciadas as obras de reparación da Praza de Ponteporto

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados