Volven as Escolas Deportivas Municipais

Volven as Escolas Deportivas Municipais

28 agosto 2021

Despois de máis dun ano complexo para a organización de actividades e eventos deportivos, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, avanzou esta mañá que desde o Concello de Marín “estamos a traballar para organizar unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais, unha actividade que permite que cerca de 1.000 nenos e nenas da nosa vila, de entre 5 e 14 anos, poidan practicar o seu deporte favorito e descubrir novas modalidades”.

Está previso que o próximo 10 de setembro teña lugar a presentación do programa das Escolas, nun formato adaptado á nova realidade Covid, con presentacións en diferentes espazos da nosa localidade.

O catálogo manterá o seu carácter variado, con diferentes modalidades deportivas xa ofertadas noutras ocasións: atletismo, baloncesto, boxeo, tenis, fútbol, fútbol sala, ciclismo/btt, piragüismo, vela, judo, natación, patinaxe, remo, taekwondo, axedrez, ximnasia rítmica, artística e acrobática; triatlón, pilates, hip hop, waterpolo, bádminton, padel e tenis de mesa.

Todas estas actividades desenvolveranse entre as diferentes instalacións municipais, as dos colexios conveniados e nos propios locais das entidades que se acollen a este programa municipal ano tras ano.

Inscricións

En canto ás inscricións nas Escolas Deportivas, nos próximos días iranse dando os detalles a fin de permitir a facilidade e axilidade nas mesmas.

Manterase igualmente o custe de 50 euros anuais como prezo para poder participar na actividade. A data de inicio das Escolas Deportivas será o 4 de outubro coa incorporación progresiva de cada unha das modalidades.

 

 

Anterior O Concello insiste en pedir civismo e loitar contra os verquidos de enseres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados