26 xullo 2021
As pistas de tenis da Raña están sendo obxecto dun importante acondicionamento, para mellorar os problemas de deterioro que presentaba a instalación deportiva polo uso e polo paso do tempo.
A empresa Bahía Park é a que se está a encargar da execución destes traballos, que suporán unha inversión de 15.924,81 euros (IVA incluído), con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Con actuacións coma estas, o Concello segue na liña de mellora e adecuación das súas instalacións deportivas, co obxectivo de que o deporte que se fai en Marín, sexa profesional ou amateur, poida realizarse nas mellores condicións, con servizos de calidade e opcións válidas para o adestramento e o lecer.