O CIM de Marín garda un minuto de silencio pola violencia machista

O CIM de Marín garda un minuto de silencio pola violencia machista

12 xuño 2021

O persoal técnico de Servizos Sociais e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Marín, sumouse ao minuto de silencio realizado o día 11 de xuño, en sinal de repulsa contra a violencia de xénero e a violencia vicaria.

Estes servizos traballan a cotío na prevención, información, asesoramento e intervención en casos de violencia machista, formando parte dun tecido profesional xunto coas Forzas e Corpos de Seguridade, o persoal sanitario e dos xulgados, os centros educativos e as asociacións altamente sensibilizadas con esta terrible lacra.

O seu labor garante un soporte esencial e indispensable para as mulleres e persoas delas dependentes, reducindo así o impacto que a situación de violencia produce nestas persoas en tódolos ámbitos da súas vidas.

Dende o Concello de Marín, lembran os teléfonos de atención e lembrar a aquelas mulleres sometidas a relacións abusivas que poden acudir aos diferentes servizos garantindo o seu anonimato e unha atención totalmente personalizada:

– Teléfono da muller (24 horas) 900 400 273
– Atención vítimas de violencia de xénero (Ministerio de Igualdade) 016
– Centro de Información ás Mulleres do Concello de Marín 986 891 802/671 49 71 12 (Con WhatsApp)
– Policía Nacional de Marín 091/986 839 555
– Policía Local de Marín 092/986 882 017

Consello Municipal da Muller

Por outra banda, a concelleira de Igualdade, Marián Sanmartín, anunciou a convocatoria dun Consello Municipal da Muller para o próximo luns, 21 de xuño, ás 09.00 horas.

Neste órgano participan, ademais da representación do Goberno local, o equipo técnico do CIM e de Servizos Sociais, os representantes das forzas políticas presentes na Corporación municipal e representantes das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller.

Anterior Marín, un xeito de ser. A nova marca de promoción da nosa vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados