Marín será un dos seis concellos nos que testear a seguridade das verbenas galegas. A proba piloto, organizada pola Xunta de Galicia, traerá ao noso municipio á Orquesta Marbella o 19 de xuño, no aparcadoiro da Praza de España, de 21.00 a 23.00 horas.
Se queres participar, reserva a túa entrada! Son gratuitas pero obrigatorias para controlar o aforo máximo de 1.000 persoas e cumprir con todas as medidas.