O Concello e Érguete traballan a pé de rúa para facilitar a reinserción de persoas drogodependentes

O Concello e Érguete traballan a pé de rúa para facilitar a reinserción de persoas drogodependentes

03 xuño 2021

A atención a persoas drogodependentes e a axuda á súa reinserción na sociedade é un traballo que se debe facer desde todos os actores sociais, incluídas as administración locais. Nese contexto, o Concello de Marín colabora coa Fundación Érguete-Integración no desenvolvemento de diversos programas destinados a axudar a este colectivo.
Un deles, tal e como explicou esta mañá a concelleira Mónica Viqueira, é o programa Sísifo, “un programa de prevención que se dirixe a grupos de poboación con consumos activos ou a aqueles que exhiben factores de alto risco que incrementan as posibilidades de desenvolver un consumo perxudicial ou a adición”.
“Sobre todo”, explicou Viqueira, “trátase de actuar nese circuito de rúa cunha iniciativa in situ”, que se realiza a través dunha furgoneta que se coloca na zona cercana ao Cemiterio de barcos do Paseo Alcalde Blanco.

Desde alí, determínanse as necesidades sociais e psicolóxicas, así como as sanitarias, deste grupo de poboación. Dentro das accións que se desenvolven para cubrir estas necesidades está a de facilitar alimentos quentes, como café, galletas, algo de leite e bocadillos. Tamén productos de hixiene tanto para homes como para mulleres, incluíndo neste último caso productos de hixiene íntima relacionados coa menstruación.

Por outra banda, apórtaselle aos usuarios deste servizo información sobre hábitos básicos de alimentación, hixiene e prevención de enfermidades, como as infecciosas, e dánselles pautas para que saiban como acceder aos servizos de atención asistencial dos que poderían beneficiarse. Ademais, fan detección temprana de enfermidades como o VIH ou a hepatite, para garantir o seu correcto tratamento precoz.

Para todo isto, a furgoneta está dirixida por un equipo multidisciplinar formado por unha psicopedagoga, un psicólogo, traballadoras sociais, educadoras sociais e persoal auxiliar.

Ao final, entre os obxectivo que se perseguen, está tamén a identificación de situacións de risco que poden derivar en potenciais consumidores e tamén servir de enlace cos Servizos Sociais do Concello para poder trasladarlles situación puntuais que lles trasladan os usuarios.

Emprego inclusivo

Por outra banda, a concelleira informou de que se firmou coa entidade un convenio de colaboración promovido para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral, mediante formación e prácticas en empresas.

Deste xeito, a Aula CeMit do Concello acollerá un proxecto formativo para auxiliar de almacén, cun total de 200 horas, incluíndo as prácticas que se levarán a cabo no Banco de Alimentos de Pontevedra e no Porto de Marín, e que servirá para que as personas beneficiarias poidan traballar no sector da limpeza ou no de almacenaxe.

As clases serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e participarán 12 persoas desempregadas que xa foron seleccionadas a través de Servizos Sociais. Así a todo, se algunha persoa que compra os requisitos ten interese no curso, pode pedir información chamando a este departamento municipal.

Anterior Marín iniciará o luns as probas para contratar aos socorristas que coidarán das praias este verán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados