A familia do pintor Alejandro Paisa dona catro cadros do artista ao Museo Torres

A familia do pintor Alejandro Paisa dona catro cadros do artista ao Museo Torres

22 maio 2021
Desde o martes, o Museo Manuel Torres exporá a arte do pintor Alejandro Paisa, como preludio da exposición que se organizará o ano que vén deste excelente pintor, facelido hai uns anos, e que na última etapa da súa vida estivo afincado en Pontevedra.

Os cadros que se poderán ver foron doados esta semana pola familia do artista ao Museo, polo que pasarán aos fondos propios museísticos de Marín. A última vez que o pintor mostrou o seu traballo foi no Café Moderno, en 2014, dentro do proxecto “Unha mirada, dous tempos”, comisariado por Ramón Rozas e que xuntou a doce dos creadores máis importantes dos últimos cen anos en Pontevedra.

A concelleira Itziar Álvarez recibiu aos familiares do pintor na doazón das obras, aos que agradeceu enormemente a súa xenerosidade e aos que lles trasladou a intención do Museo Torres de poñer en valor e custodiar esta mostra da obra do pintor pontevedrés.

Anterior Recibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos de conciliación de verán do Concello

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados