29 marzo 2021
O Concello de Marín informa de que nos últimos 15 días estanse producindo problemas no subministro de luz na contorna de Concepción Arenal, especialmente nas rúas Tombo, Vidal Pazos, Carballiño e Quevedo.
Segundo explicou o Concello, cando se foi realizar a última reparación da instalación, detectouse que unha vivenda de Concepción Arenal, na que está instalado un okupa, realizara unha conexión ilegal non ao alumeado público e á instalación de Fenosa.
Ese empalme ilegal supuxo unha importante avaría no sistema, que provocou un cortocircuito e estragou os equipos de 11 luminarias. Debido a ese pico que xera a conexión, non é posible dar servizo nestas condicións á zona porque seguiría saltando e estragándose o resto do sistema.
A Policía Local xa conta cos informes pertinentes despois de actuar no lugar e de que a persoa en cuestión recoñecese ter realizado ese enganche. En total, o gasto público en reparación e na substitución das luminarias será de máis de 3.000 euros.