26 marzo 2021
O Concello de Marín informou de que foi aceptada polo Ministerio de Facenda a súa adhesión ao Fondo de Financiamento para as entidades locais. Esta adhesión servirá para financiar por parte do Concello a cantidade relativa á revisión de prezos do contrato entre os anos 2008 e 2015 coa antiga concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser.
Neses anos, os servizos xurídicos e técnicos municipais e a empresa non chegaron a acordos respecto ás revisións dos prezos do contrato polo que a causa foi elevada á autoridade xudicial, neste caso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza firme ditaminada por este tribunal confirma o pago destas actualizacións.
Esta tramitación xudicial non é nova nin descoñecida para o Concello de Marín, xa que xa se realizou un primeiro pago á empresa no 2011, no que se abonaron as revisións de prezos desde o 2004 ao 2007.
Desde aquela data, a empresa foi reclamando os pagos por este mesmo concepto correspondentes aos resto de anos que durou o contrato, que, como se indicaba antes, rematou en 2017.