Acima adícalle a súa nova Gala Empresarial á muller emprendedora

Acima adícalle a súa nova Gala Empresarial á muller emprendedora

A asociación Acima presentou hoxe na Biblioteca Vidal Pazos, acompañados pola concelleira Itziar Álvarez, a nova edición da súa Gala Empresarial, que este ano estará adicada á muller emprendedora.
O evento celebrarase o sábado, 14 de decembro, ás 14.30 horas, no restaurante Xan Xián e distinguirá ás seguintes premiadas:
• Xoven empresaria: Pilar Otero González, da empresa Rosa de Los Vientos, que, entre outras cousas, é presidenta e socia fundadora da Asociación de Mulleres en Igualdade de Bueu, socia da Federación de Mulleres de Pontevedra e vicepresidenta da Asociación de Frigoríficos de Pesca Extractiva de Galicia.
• Empresaria do ano: Fina Cabaleiro Portela, da Adega de Ardán, que comercializa os seus viños na zona do Morrazo, principalmente, aínda que tamén noutros puntos do país
• Mérito ao traballo: María Teresa Otero Sánchez, do Ciberwar, socia da empresa de telecomunicacións Ciber Loira Soft, fundada no 1999 e que segue a súa actividade na actualidade.
• Mérito á constancia comercial: Eugenia Freire Davila, á fronte da Carnicería Carmela das Barreiras, que xa pertencía a súa nai.
• Diploma de honra: Marietta Pena dos Santos, cantautora que xa leva editados catro discos.

Anterior Conta atrás para o acendido das luces do Nadal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados