Membros do Goberno municipal reúnense con veciños de Seixo para coñecer as súas peticións

Membros do Goberno municipal reúnense con veciños de Seixo para coñecer as súas peticións

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada de varios concelleiros do Goberno municipal, mantivo unha
reunión a principios desta semana cun grupo de veciños da parroquia de Seixo e arredores, onde trataron
algunhas peticións colectivas, que foron expostas polo presidente dos Maiores, Xubilados e Pensionistas
da Asociación Camiño Vello e Comarca de Marín, Antonio Conde.
Unha das cuestións máis demandadas ten que ver ca creación dun centro de día público, un obxectivo que
tamén forma parte da axenda do Concello. En paralelo, os veciños pediron un reforzo das labores
asistenciais aos maiores da vila, especialmente no ámbito rural.
Con respecto ás infraestruturas, a alcaldesa informou aos veciños do estado actual no que se atopa o
proxecto de reforma integral do Camiño Vello, actualmente en tramitación. Nesa mesma situación está a
humanización do entorno do Mercado de Seixo, pola que preguntou o presidente destes colectivos.
O Concello comprometeuse a estudar todas estas peticións e a revisar o fluxo circulatorio nalgunhas
zonas da parroquia, para mellorar a situación viaria de Seixo.
Finalmente, comentouse tamén a posibilidade de poñer en valor algunhas pezas patrimoniais salientables,
como son os cruceiros.

Anterior O Centro Terapéutico para Persoas con Alzheimer de Briz comeza a súa andadura con todas as prazas completas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados