O Museo Manuel Torres inaugurará a exposición “450 anos da Biblia en castelán”,
organizada pola Asociación Evanxélica KALOS. Nesta mostra poderán observarse exemplares orixinais
do século XVI, como a primeira biblia impresa en castelán ou o libro “Teatro Crítico Universal”, do
Padre Feijoo, que foi impreso en 1778 e que resalta a importancia do galego e das súas conexións con
portugués.
Na exposición haberá ademais un photocall onde os asistentes poderán disfrazarse con roupa típica da
época na que se sitúan moitos dos libros que forman parte da mostra.
A concelleira Itziar Álvarez estivo cos comisarios da exposición e anima a todos os marinenses a
que se animen a visitar “estas xoias literarias, que están por primeira vez na nosa vila”.