O Concello incentiva o hábito lector do alumnado do CPR La Inmaculada

O Concello incentiva o hábito lector do alumnado do CPR La Inmaculada

A Biblioteca Vidal Pazos recibiu esta semana varias visitas de parte do alumnado do CPR La Inmaculada, unha iniciativa na que colabora o Concello e o centro educativo e que ten como obxectivo incentivar o hábito lector nos máis pequenos da casa.

Onte estiveron os cativos de primeiro de Primaria (6 anos) e hoxe foi a quenda dos alumnos do seguinte curso. En ambos casos, o persoal da Biblioteca fíxolles un percorrido polas instalacións, renovadas recentemente e que contan agora cun espazo infantil específico.

Nesta sala de lectura, os rapaces puideron escoller os contos que máis lles interesaban para poder lelos e recibiron un marcapáxinas de recordo da súa visita. Asemade, puideron visionar unha pequena proxección da Aula CeMit, correspondente á animación dun libro de literatura infantil.

Anterior Adxudicada a remodelación do Paseo Alcalde Blanco á empresa Copcisa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados