A XXI Festa da Mazá e da Sidra de Santomé celebrarase o próximo fin de semana

A XXI Festa da Mazá e da Sidra de Santomé celebrarase o próximo fin de semana

Unha das festas gastronómicas máis importantes do rural marinense, a Festa da Mazá e da Sidra de Santomé de Piñeiro, celebrará a súa vixésimo primeira edición o próximo fin de semana, días 12 e 13 de outubro.
Así se anunciou onte na parroquia, durante o acto de presentación desta nova edición da festa, ao que acudiron varios representantes do Concello. Segundo calcula a organización, será necesario recoller cerca de 5.000 kilos de mazá para poder elaborar os máis de 2.000 litros de sidra que está previsto que se consuman na festa, que o ano pasado reuniu a preto de 3.000 persoas.
O sábado darán comezo as actividades ás 10.30 horas, cunha andaina pola contorna de Santomé apta para todos. Unha hora máis tarde, ás 11.00 horas, iniciará o seu percorrido a Carreira Pinga Pinga, que tradicionalmente se celebra ao mesmo tempo que a festa gastronómica.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, realizarase unha ruta cabalar, para que é necesario inscribirse previamente, chamando aos teléfonos 654 98 20 23 ou 647 85 44 70, onde será indicado o custe e o lugar de pago da inscrición. Finalmente e para rematar o primeiro día da festa, haberá verbena a partir das 21.00 horas.

Domingo
Os postos de produtos elaborados a base de mazá abrirán de novo as súas portas o domingo ás 10.00 horas. Ás 11.00 horas, haberá un paseo libre a cabalo por toda a zona para o que non fai falta inscrición. Ás 13.00 horas chegará o momento do pregón, que este ano será a cargo da cantante Tania Fuegho.
A partir das 17.30 horas, iniciarase a exhibición cabalar “A maxia do cabalo” e ás 19.30 horas disputarase o concurso de empanadas de mazá. Finalmente ás 21.00 horas, igual ca o día anterior, haberá verbena.
Durante todo o día, a charanga Fanfarria Furruxa encargarase da animación musical e en canto á comida, a organización apuntou onte que haberá unha pulpeira de Carballiño e unha gran variedade de opcións: empanadillas, bocadillos, tortilla e churrasco, entre outros, para acompañar ca que é a raíña da festa, a mazá de Santomé.

Anterior Presentada X Edición da Carreira Pinga Pinga

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados