Máis de cen nenos e nenas matriculáronse este curso na Escola Municipal da Música Vidal Pazos

Máis de cen nenos e nenas matriculáronse este curso na Escola Municipal da Música Vidal Pazos

A Escola Municipal de Música Vidal Pazos ven de pechar o seu prazo de matriculación. Neste curso 2019-2020, gozarán da súa oferta académica un total de 104 alumnos, que comezarán as clases o próximo 1 de outubro.
Os horarios xa foron asignados no momento no que os rapaces oficializaron a matrícula, en función das materias que cursarán, que serán as seguintes:
Linguaxe musical
Audicións comentadas
Coro
Informática musical
Música e movemento (a partir de catro anos)
Violín
Viola
Música moderna
Conxunto instrumental
Aínda que o período de matriculación oficial xa está pechado, desde a escola informan de que ao longo do mes de outubro poderán achegarse ata as instalacións da escola, no segundo edifico da Granxa de Briz, aqueles alumnos que por calquera motivo non puideron anotarse antes.
En horario de 16.30 a 21.30 horas informaráselles daqueles grupos xa establecidos nos que aínda quedan prazas dispoñibles.

Anterior Iniciadas as obras de instalación do ascensor no Museo Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados