Consello Municipal da Muller

Consello Municipal da Muller

O 23 de outubro ás 10.00 h, a Concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín convocou a reunión ordinaria do Consello Municipal da Muller. Este órgano consultivo ten vogais de cada un dos partidos políticos con representación no Concello, persoal técnico do CIM e Servizos Sociais e diferentes asociacións municipais veciñais e de mulleres.

Entre os temas a tratar na reunión como puntos da convocatoria foron os seguintes:

As achegas para a elaboración do Manifesto do día 25N en consonancia coa Declaración realizada pola Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín, acordouse incluir como temas prioritarios no contido da declaración os achegados pola Mesa de Traballo e a maiores a abolición da prostitución, a postura en contra da regulación dos ventres de aluguer, a responsabilidade de gobernos e administracións na achega de fondos e medios para que as mulleres vítimas de violencia de xénero dispoñan dunha calidade de vida adecuada para sair da situación e a importancia clave da educación en igualdade e a formación dos axentes sociais para erradicar de base a violencia machista.

Por acordo unánime do pleno do Consello Municipal da Muller decidiuse outorgar os Premios Municipais Lazo Violeta 2018 á sensibilización e intervención veciñal nos casos de violencia de xénero detectados e de forma simbólica ás mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero.

Outro punto a destacar foron os actos previstos o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o acto institucional da entrega dos Premios Lazo Violeta terá lugar no salón de Plenos do Concello e rematará na Praza 8 de marzo, cun acto simbólico e a lectura dun manifesto.

O día 22 de novembro ás 11.00 horas procederase á entrega de material de sensibilización.

Anterior Consello de Inmigración

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados