Medio Rural destinou 130,000 euros para mellorar camiños

Medio Rural destinou 130,000 euros para mellorar camiños

O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, achegouse  ao municipio de Marín para supervisar as obras realizadas a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais, mediante o cal se achegaron nos últimos tres anos máis de 130.000 euros a este concello pontevedrés.

Así, o director xeral, que estivo acompañado pola alcaldesa, María Pilar Ramallo, visitou as actuacións enmarcadas na anualidade 2017, que contaron cun orzamento de 40.567 euros para pavimentar e mellorar o camiño de Santo Tomé de Piñeiro-Esperela. A esta cantidade hai que sumarlle outros 49.622 euros da anualidade 2016, coa que se mellorou o camiño de Arealonga-Pituco. Para a convocatoria deste ano, o orzamento destinado é de 40.567 euros co que se prevé acondicionar a estrada Chan de Piñeiro-Candón.

O director xeral asegurou que o obxecto destas axudas é precisamente facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais. Neste senso, as actuacións subvencionables contemplan o incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes; quedando excluídas as obras en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Anterior Un millón de euros para a ARI Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados