A Consellería de Cultura investirá 50.000 euros na biblioteca municipal de Marín

A Consellería de Cultura investirá 50.000 euros na biblioteca municipal de Marín

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 50.000 euros á remodelación e dotación de equipamento da biblioteca municipal de Marín, segundo se recolle no convenio de colaboración que asinaron esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Ao abeiro deste convenio, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia asumirá o custe da remodelación do espazo interior desta infraestrutura así como a dotación de equipamento por un importe de 50.000 euros, sobre os 60.000 de custo total da obra.

Deste xeito, a colaboración institucional -neste caso entre a Consellería e o Concello de Marín- permite garantir unhas infraestruturas de carácter sociocultural en condicións óptimas ao servicio da cidadanía e, de forma xeral, asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións para todos.

Esta actuación enmárcase na liña de actuacións impulsadas pola Consellería, a través da Secretaría Xeral de Cultura, para a mellora das instalacións bibliotecarias de Galicia e, en xeral, dos centros que levan a cabo unha programación cultural estable en todo o territorio, ben a través de convenios específicos -como é o caso de Marín- ou a través da liña anual de axudas para a adquisición de equipamento e mellora das instalacións destinadas á programación de actividades culturais.

Mais info:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/32511/conselleria-cultura-investira-50-000-euros-remodelacion-dotacion-equipamento

Anterior Índice de Risco Diario de Incendio Forestal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados