O luns tivo lugar a mesa local de comercio de Marín. Na orde do día, se presentaron os Informes para acabar o voto favorable da Asociación Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, informar sobre o próximo SALDO MARIN, e tamén os distintos proxectos de dinamización comercial obxecto de solicitude de subvención por parte da Asociación Centro comercial Local Estrela de Marín e da Asociación de comerciantes da praza de abastos.
Por un lado por parte de Estrela de Marín, un sistema de fidelización, debido a que o mercado é cada vez máis competitivo, que fai necesario implantar campañas e sistemas de fidelización que aporten un valor engadido ao producto e o servizo ofrecido ao cliente. Nestas campañan englóbanse :
* a campaña Estrela, na que se sortean 3000 € en vales compra
*o reparto a domicilio, que se raliza coas empresas de transporte urxente ASM e MRW.
* e a tarxeta de fidelización.
E como dinamización comercial, as distintas campañas de promoción comercial que porán en marcha serán:
*campaña “Black Friday”
*Campaña de nadal “comezo ao ano coa boa pata”
*campaña San Valentín
*Campaña Vive unha primavera estrela
*Campaña A noite estrela
*Campaña de rebaixas- XII Edición Saldomarín
*Campaña Volta o cole
*Bolsas compostables.
E a Asociación de Comerciantes Praza de Abastos de Marín, presentou como actuacións subvencionables, os equipamentos dos praceiros e praceiras, co obxectivo de convertir a asociación nun valor engadido para os praceiros, proporcionando o equipamento básico e necesario para o seu traballo diario, como son indumentaria dos praceiros, bandexas e bolsas compostables, e dentro da dinamización comercial, a campaña de nadal, na que se sortearon 8 cestas de produtos, a campaña entroido, con 3 cestas de produtos, a campaña dia da nai, cun sorteos dun vale compra por importe de 500€ e o raparto de mais de 50kg de bombons, a campaña Xi aniversario praza con sorteos presenciais de vales compra por valor de 800€, e o mantemenmento da páxina web.
Aportouse igualmente por parte de ACEMAS, asociación de comerciantes de Seixo un informe acerca das súas actividades ó longo do ano, as súas previsións de cara ó futuro, e ás petición que realizarán ó concello.
Asistir a representación da Xunta de Galicia da Consellería de industria e comercio e a representación dos distintos grupos municipales, xunta con CRISTINA Acuña como concelleira de comercio e presidido este órgano pola Alcaldía.
Os asuntos foron aprobados e se remitirán desde Estrela de Marín para á súa solicitude axudas a Xunta de Galicia co preceptivo informe da Mesa Local de Comercio.