Inicio dos Cursos Empregamarín

Inicio dos Cursos Empregamarín

No día de hoxe deron comezo as primeiras accións formativas ao abeiro do programa integrado de emprego EMPREGAMARÍN IV, proxecto para o que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención ao Concello de Marín, cun orzamento previsto de 97.530 €, dos cales 78.024 € corresponden á parte subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e os 19.506 € restantes pertencen a fondos do propio Concello.

Nas instalacións municipais da Finca de Briz comezaron os cursos de Técnicas de limpeza hospitalaria e o de Operacións auxiliares de comercio, e no centro de formación A Aixola, pertencente a CETMAR, comezou o curso de Reparación de embarcacións pneumáticas e acastillaxe. Todas as accións formativas do programa contemplan a realización de prácticas formativas non laborais en empresas, que lle permitirán aos participantes unha primeira toma de contacto coa situación real do mundo laboral nos sectores de actividade económica de que se trate.

O programa desenvolverase ata o 30 de novembro de 2018 e o colectivo ao que vai dirixido son traballadores/as desempregados/as inscritos/as como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego menores de 30 anos. As persoas participantes foron seleccionadas de entre aquelas previamente incluidas na sondaxe efectuada polos servizos públicos de emprego.

A finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín IV é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.

Anterior Traballos de Xardineria na Contorna da Alameda

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados