O Concello de Marín segue a impartir charlas sobre a vespa Velutina aos centros educativos a través da Asociación DEPOLGAL.
Esta semana a charla impartiuse no CEIP de Seixo ao alumnado de 4º de Primaria, onde se lles explicaron os contidos da unidade didáctica preparada para este fin e a dedicación e interese amosado por parte dos rapaces e rapazas foi salientable, sobre todo pola súa actitude responsable polo medio ambiente.
As charlas consisten primeiramente en que recoñezan a importancia dos polinizadores e da polinización da flores como elemento reproductor das plantas, da necesidade do coidar o medio dos ataques e os perigos que asolan ás especies benefactoras.
Despois da identificación destes perigos e das medidas correctoras que se poden adoitar e a colaboración coas administracións para que sexan máis eficaces na loita e prevención dos riscos.
No caso específico da Vespa Velutina, identificala, identificar os seus niños, tanto os primarios coma os secundarios, medidas preventivas a tomar e o que non se debe facer cando se observa un niño (entre otras accións: non tirarlles pedras ou golpealos, non aproximarse a eles, non as molestar….) senón que, fundamentalmente, avisar ao 012 ou ao 112 de Emerxencias para que trasladen o aviso ao Concello e a DEPOLGAL e actúen erradicando o niño o máis axiña posible.
Tamén se explica como construir trampas e a súa colocación, elaboración do líquido atraiente, mantenemento das trampas e vixiancia, etc. Diferenciación da especies alóctonas das autóctonas. Morfoloxía da Vespa Velutina e diferencias coa autóctona Vespa Crabro. Hábitat, alimentación e costumes da Velutina. Asemade, a difusión entre compañeiros e familiares dos coñecementes acadados.
Preto deste centro retiráronse 3 niños de Vespa Velutina Nigritorax: na zona da Torre e de O Campo, polo que as vespas víanse voar polos aledaños do centro.
Noraboa a dirección do centro escolar pola súa preocupación, ás mestras e mestres e aos rapaces e rapazas pola súa colaboración.