O Concello de Marín desenvolverá un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 438 h. lectivas.
Número de prazas: 15.
Requisitos de acceso:
1. Formación: Cumprir algún dos requisitos seguintes:
- Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente??
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para mariores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, do 18 de xaneiro, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
Terán prioridade na selección:
Socorristas inscritos no Rexistro galego de socorristas que conten con experiencia profesional e non estean en posesión do mesmo certificado de profesionalidade.
Persoas das seguintes titulacións: TSAAFD, grao en ciencias da actividade física e do deporte, ou grao educación primaria con mención en Educación Física.
Para preinscribirse para as probas de acceso:
No teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com