De acordo e seguindo os criterios expostos na comisión informativa de turismo e comercio, a responsable Cristina Acuña levou a cabo a sinalización por separado da ruta de PENIZAS.
Remarcáronse as dúas rutas unha cun percorrido ata Santomé que é lineal e outra que chegando a PENIZAS é circular con regreso a Marín centro.
Colocouse un panel explicativo para sinalar exactamente a bifurcación das dúas rutas para que non induza a error.