O pasado mércores tivo lugar a Comisión de escolarización das escolas INFANTÍS tanto de San Pedro como de Seixo. Asistiu representando ó concello a alcaldesa acompañada de persoal do Consorcio e do centro.
Foron valoradas polos baremos establecidos polos Consorcio de Benestar Social, e tramitadas ás solicitudes presentadas, estando todos os tramos cubiertos e alguna en lista de espera.
Quedaría algunha Praza no tramo de 0-1 ano, e poden realizarse solicitudes que se valorarían nas comisións extraordinarias de setembro e decembro.
Para a nova Escola de Seixo é todo un éxito de convocatoria, xa que unha Escola nova que parte de inicio cunha boa acollida e que demostra unhas necesidades reais de prazas que se está demostrando coa convocatoria realizada.
Desde o concello de Marín non podemos máis que incidir en que esta Escola beneficiará a conciliación familiar, que arranca cun notable éxito e que a mediados de mes de setembro será a súa apertura formal.
Foi unha aposta da Xunta de Galicia e o Concello de Marín que para a parroquia de Seixo e para o concello de Marín significa contar con servicios de educación público así como un edificio novo e moderno que pondera disfrutarse o vindeiro curso 2016 – 2017.