Reunión con AFAPO.

Reunión con AFAPO.

Reunión no Concello de Marín co Presidente da Asociación de Enfermos de Alzheimer, Jose M. Fontenla, para presentar o traballo que realizan e propoñer un proxeto conxunto para Marín, baseado na Estimulación cognitiva, que é o conxunto de intervencións levadas a cabo para a mellora do rendemento das funcións cognitivas e sociais para mellorar o benestar do usuario/a.
O proxeto inclúe:
–       Estimulación  da memoria: Traballo de atención, funcións executivas, lenguaxe, memoria, percepción e visoconstrución.
–       Concentración e reducción da fatiga: relaxación.
–       Estimulación na atención, razoamento, abstracción e orientación: exercicios que traballan a atención focal. Orientación atencional, actividades de discriminación perceptiva, orientación espacial. Temporal, orientación en persoa, asociación, prensa, etc.
–       Apoio en funcións executivas, cálculo e lectoescritura.
–       Intervención sobre as afasias: determinación de obxetos, técnicas de desbloqueo e facilitación…
Para isto se pretende poner en marcha unha atención diaria de 2 horas de duración, en grupos homoxéneos atendendo ao estadio da enfermidade: leve o moderado.
O obxectivo é mellorar o rendimiento das funcións cognitivas e sociais, favorecendo a estimulación de habilidades residuais.

Anterior Roteiro dos Cinco Miradoiros.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados