Cortes de Auga por Conexións Acuaes.

Cortes de Auga por Conexións Acuaes.

O Concello de Marín continúa coas obras de ACUAES, polo que para realizar a conexión da nova rede co depósito de Cadrelo, está previsto que volva haber un corte na rede municipal de abastecemento.

Esta vez será o vindeiro martes día 8 de marzo, con duración prevista desde as 8h ata as 20h,que afectará as zonas con subministración directa desde o depósito de Cadrelo, posto que se realizará a conexión da nova tubaxe co depósito de maneira que a subministración do depósito de Cadrelo quede garantida ao 100% a partir de que a nova tubaxe entre en funcionamento.

No plano das zonas afectadas polo corte de subministración (zonas en vermello no mapa e relacionadas na táboa) pódese observar as zonas que quedarán sen auga no período de 12horas: Rúanova, Casal, Arealonga, A Laxe, O Carballal, Coirados, A Bouza, Outeiro, A Grela, Igrexario de San Xulián, A Roza, Moreira, Porteliña, Pardavila, Vista Alegre, A Pena e Caeiro, A Raña, Aniñada, Cidrás, Estivada, Viñas Brancas, Cruceiro do Vento, Sete Espadas, O Igrexario de Mogor, Fixón, Castro e A Brea.

Dado que as obras continúan a bo ritmo, está previsto outro corte para o martes día 15, con duración prevista de 24 horas, desde as 8 h do día 15 ata ás 8 h do día 16.

Afectará, en principio, á zona de Seixo posto que se realizará a conexión da nova rede en Seixo, polo que haberá que cortar a subministración e baleirar a tubaxe que trae auga desde Pontevedra. A próxima semana informarase sobre as zonas afectadas cun plano similar para identificar as zonas que deberán preveer o corte da subministración de auga.corteagua1

Anterior Actos do Día Internacional da Muller.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados