Reunión Consello Municipal da Muller.

Reunión Consello Municipal da Muller.

O día 19 de outubro ás 10 horas na casa consistorial,  reuniuse o Consello Municipal da Muller, para dilucidar os seguintes puntos da Orde do Día:

  1. Renovación da composición do Consello Municipal da Muller.
    Renóvase a representante do BNG, a titular do PSOE e a nova incorporación de Marea Veciñal de Marín. Incorpórase unha nova asociación de mulleres denominada “Asociación de mulleres, intercambio do saber” e dúas asociación veciñais con vogalía de muller “San José de Cantodarea e Santa María do Campo”.
  2. Revisión do punto 3 recollido na Moción Conxunta do 25N de 2014, dos grupos políticos municipais sobre a Declaración da Mesa contra a Violencia de Xénero co apoio do Consello Municipal da Muller do Concello de Marín, aprobada polo Pleno da Corporación.
    Acordouse que durante todo o mes de novembro colocaráse un cubo cun lema contundente contra a violencia machista e colocaráse un plóter cada vez que se produza un asasinato dunha muller por parte da súa parella ou ex parella. Estes acordos serán trasladados ao pleno municipal a través dun manifesto que se elaborará o abeiro do 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero).
  3. Elaboración do Manifesto do 25 de novembro de 2015, en base á Declaración acordada na Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero.
    Déuse lectura á declaración da Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero e achegouse para o seu estudo o manifesto realizado polo BNG, deixándo aberta a súa redacción para incluir outras achegas das compoñentes do consello.
  4. Designación das persoas ou institucións agasalladas na 6ª edición dos Premios Lazo Violeta.
    Por unanimidade acordouse outorgar os premios Lazo Violeta de este ano ás Asociacións de Mulleres Municipais; “Asociación de Amas de Casa”, “Asociación de Mulleres O Abeiro”, “Asociación de Mulleres Marroquís Al Amal”, “Asociación de Mulleres Virxe do Porto”, “Asociación de Mulleres, intercambio do saber” e haberá unha distinción especial que se vai personalizar de forma particular.
  5. Actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
    Traballarase cos centros educativos en primaria, secundaria e bacharelato, a través de materiais adaptados ao seu curriculum e faráse partícipe á cidadanía a través de actos institucionais e actos públicos visibles na rúa.

  1. Rogos e preguntas.
    Fíxose partícipe a todas as membros do Consello da “Marcha Estatal Contra las Violencias Machistas” do 7 de novembro que terá lugar en Madrid, organizada por plataformas feministas. Informóuse da colaboración da diputación de Pontevedra, a través dunha iniciativa da plataforma feminista galega, dun servizo de autobuses gratuitos para viaxar de Pontevedra a Madrid. A saída terá lugar o 6 de novembro ás 23:30 horas da alameda de Pontevedra. O último día de reserva é o 3 de novembro. (Email: pfgpontevedra@gmail.com Telf.: 986866276. Luns a Venres de 09:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas).

Rematou a xuntanza do Consello Municipal coa data da próxima reunión, o día 25 de xaneiro de 2016.

Anterior Presentación do libro "Primera Meiga".

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados