Quería darche a benvida a esta páxina na que tratamos de ter toda a información posible que poida resultar do teu interese.
Marín é a nosa cidade, un municipio de máis de 25.000 habitantes, cun Porto de interese xeral do Estado e a Escola Naval Militar Academia da Armada e campus da Universidade de Vigo.
Desde o Concello trataremos de ir ofrecendo con esta ferramenta a información que precises, os datos que buscas e facilitar que os trámites e as xestións sexan máis doadas para os que utilizamos esta canle.
A túa participación, o acceso á administración electrónica, a información dos que integramos a Corporación, o Portal de transparenciaofrecendo datos, trámites, acordos e información que con carácter xeral é necesario estar a un clic de quen a precise, farán sen dúbida desta páxina.
Goza de Marín, do que che poidamos ofrecer e esperamos que sexan de utilidade os avances nos que levamos traballando para poder ser útiles, próximos e precisos en todo o que comporta a nosa xestión pública.