PETROGLIFOS

PETROGLIFOS

Chamados tamén gravados rupestres ou insculturas, esténdense por toda a Idade do Bronce (1800 – 600 a.C.).

Situados preto dos grandes cursos de auga e do mar, enriba de pequenos outeiros e nos vales fluviais, a maior concentración témola na zona costeira da provincia de Pontevedra (curso baixo do río Lérez e nas marxes das rías de Marín e de Vigo).

As tipoloxías son diversas: dende os máis sinxelos buracos (cazoletas), pasando por combinacións circulares , espirais, armas, ata animais (Cérvidos, cabalos, serpes) e representación humana. Menos frecuentes serían os labirintos, as esvásticas, os ídolos e os zigzag.

Non se sabe con exactitude cal podería ser a súa finalidade, se ben son moitas as especulacións: maxia, relixión, ritos propiciatorios para a caza…

O Concello de Marín conta cunha densidade moi alta de petróglifos, repartidos en doce estacións (=concentración de gravados) compostas á súa vez por trinta e catro grupos ou laxes gravadas, localizadas fundamentalmente nas parroquias de Mogor e San Xulián.

Ademais dos coñecidos e afamados petróglifos de Mogor obxecto de estudo de numerosos investigadores a nivel mundial, temos gravados en Cachada Grande, Carballás, Champás, Chan da Lagoa, Cadro, e Pornedo (na parroquia de San Xulián de Marín), e en Godalleira e Sete Espadas (na parroquia de San Xurxo de Mogor). O seu estado de conservación, en xeral, e a pesares de ser declarados monumentos histórico artísticos, non é o axeitado, pero tiveron mellor sorte que outros que desapareceron coma os da Teixugueira, os da Laxe, a Pedra dos Namorados ou o gravado dun cérvido ao que lle puxo fin o vial de praias.

E non nos esquezamos dos “petróglifos” contemporáneos que temos no Concello, os de Pepito Meijón, personaxe que encheu con gravuras infinidade de laxes, muros, pontes, casas, e outros lugares, con motivos do máis inverosímil, que tamén forman parte do noso patrimonio e dos que sería tamén interesante facer unha

Anterior LAGO DE CASTIÑEIRAS

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados