Turismo traballa para renovar o certificado ambiental EMAS

Turismo traballa para renovar o certificado ambiental EMAS

15 marzo 2021

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, mantivo  unha reunión co representante da xestión do certificado ambiental EMAS, Juan Cánovas, e co coordinador de Limpeza do Concello, Francisco Cruceiras, coa finalidade de coñecer cales son as recomendacións que fai a entidade certificadora e cales son os obxectivos que procura o Concello nas praias de cara ao verán.

Por unha banda, o municipio ofrecerá datos de diversas cuestións relacionadas co medio ambiente que lle permitan ao EMAS facer a auditoría anual. Ademais, na reunión asegurouse que se terán en conta criterios de sustentabilidade de cara a posibles pregos que se realicen en materia de limpeza, mantemento…

A concelleira explicou tamén que se está a traballar en como organizar este verán cuestións que se viron afectadas polas medidas sanitarias, como o uso de baños públicos. Aínda sen saber cales serán as medidas que estean vixentes para aquela, a edil adianta que se procurará o xeito de facilitarlle aos establecementos de hostalaría costeiros que colaboraron o pasado ano co Concello material de limpeza e consumibles (como papel hixiénico).

No que respecta á praia de Portocelo, a concelleira espera que este verán poida ser unha realidade a zona de sombra que se preparará para persoas con discapacidade.

 

Anterior O Concello impulsará unha mellora da ordenanza das terrazas para axudar aos hostaleiros

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados